A nova Praza da Castaña comeza a tomar forma
Por Redacción
Operarios da empresa COVSA xa traballan na reforma da Praza da Castaña, unha actuación que se enmarca dentro da remodelación integral da rúa Cruz Vermella.
Estas obras teñen un valor de 61.229 euros, que asume a empresa como parte da súa oferta para adxudicarse o contrato de Cruz Vermella.
O primeiro paso foi retirar a estrutura de pedra situada no medio da praza, a modo de xardín elevado, que nunca foi ben visto polos veciños do barrio.
A intención é substituíla por mobiliario urbano que permita crear unha zona de estancia e racionalizar o tránsito de vehículos que teñen que empregar a praza para achegarse aos estacionamentos de vivendas.
Tamén se renovará a iluminación deste ámbito urbano e no centro, ademais, plantarase unha árbore ornamental que creza verticalmente e non ao ancho, que as súas follas non resulten perigosas ao caer ao chan e que a cor das súas flores non desentone coas tonalidades da propia contorna.
A actuación incorporará unha inscrición ao redor da árbore, probablemente no chan, que aluda ao nome da praza e explique o motivo da súa denominación.
Relacionadas:
-
Haberá máis espazo para os peóns no cruzamento de Fernando Olmedo con Pai Gaite
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra pide que un castiñeiro presida a Praza da Castaña
Por Redacción |
-
Así é o proxecto de reforma da Praza da Castaña
Por Redacción |
-
Marea critica a falta de información á veciñanza sobre a reforma da praza da Castaña
Por Redacción |
-
A reforma da Praza da Castaña eliminará o parterre elevado
Por Alejandro Espiño |
-
A reforma de Cruz Vermella estará rematada no primeiro trimestre de 2019
Por Redacción |