A tenda solidaria da Asociación Contra o Cancro recada uns 25.000 euros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A tenda solidaria da Asociación Española Contra o Cancro pechou as súas portas coincidindo co fin das datas do Nadal. Este ano, no que se cumpre a XXV edición desta iniciativa, recadáronse 25.084,80 euros.
O diñeiro recadado destinarase a seguir financiando os programas e servizos que gratuitamente se ofrecen na asociación aos pacientes e as súas familias, como pode ser o apoio psicosocial, o acompañamento en hospitais e domicilios, ou cursos e talleres, entre outros. Ademais, co recadado seguiranse financiando proxectos de investigación en cancro.
A tenda solidaria foi inaugurada o pasado 15 de novembro e, nestes dous meses que estivo aberta, achegáronse centos de persoas a interesarse polos obxectos que estaban á venda, como artigos de agasallo e decoración, libros, xoguetes ou material deportivo, entre outros.
Desde a asociación agradecen a todos os voluntarios o seu traballo e o esforzo realizado estes meses no anciño. Do mesmo xeito, agradecen a todos os cidadáns a súa solidariedade.