O Concello de Bueu contratará 28 persoas para cooperar nas obras e servizos municipais
Por Redacción
Quince peóns de limpeza, catro peóns forestais, un oficial de albanelería, un oficial electricista, un oficial condutor, dous oficiais de xardinería e catro auxiliares administrativos. En total, 28 persoas serán contratadas polo Concello de Bueu nas vindeiras datas dentro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais 2019 da Deputación de Pontevedra.
Aquelas persoas interesadas deberán estar apuntadas no Servizo de Emprego Público de Cangas nas categorías que se demandan.
No web do Concello de Bueu xa se encontra a relación de postos de traballo xunto ao código co que as persoas aspirantes deben estar inscritas na oficina de emprego. Todas aquelas persoas que se encontren desempregadas, independentemente de que perciban ou non unha prestación por desemprego ou un subsidio poden presentarse a esta oferta.
Para todas as ocupacións pídese experiencia, agás para persoal de limpeza. No caso dos auxiliares administrativos demándase ciclo medio en xestión administrativa e/ou ciclo superior en administración e finanzas. O seu posto será para prestar apoio na xestión dos departamentos de persoal, intervención, OMIC e emprego. No caso do persoal de limpeza, os labores van centrarse no mantemento dos areais.
O custo total da contratación supera os 188.900 euros, na súa meirande parte procedentes da Deputación.
Relacionadas:
-
O PP denuncia o impacto para a mocidade de Pontevedra da paralización do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
O Plan Concellos 2019 destinará 6,7 millóns de euros á comarca de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Deputación prepara un novo modelo de apoio á formación e o emprego
Por Oskar Viéitez |