Samieira celebrará o VIII Festival Benéfico coa participación dunha decena de artistas
Por Redacción
Samieira celebrará o sábado 26 de xaneiro a oitava edición do tradicional Festival Benéfico. Será ás 19.00 horas na Casa do Pobo de Río de Bois con diversas actuacións musicais, teatrais e de deanza.
A entrada para poder acceder ao recinto terá carácter solidario. Os asistentes deberán entregar á entrada alimentos non perecedoiros que a organización trasladará posteriormente aos Servizos Sociais do Concello de Poio para que sexan repartidos entre familias con dificultades económicas.
Os artistas que participarán neste Festival, organizado pola SCD Samieira, son a cantante galega Marietta; o acordeonista Juan José Mariño, responsable da Escola de Acordeóns de Campelo; a solista Mar García; o músico integrante da Orquestra Jerusalén, Puma Rodríguez (El Puma); o vocalista do Grupo Dmoda, Diego Dasilva; o dúo cómico Purita e Maruchy, que representarán unha escena humorística e, por último, Vivi, Lidia e Alba, que farán unha exhibición de danza.