Mellora dun espazo público na rúa do Forte
Por Redacción
O Concello de Marín segue cos traballos de mellora e humanización de pequenos espacios urbanos que non estaban sendo aproveitados. Neste caso, os traballos son de rehabilitación paisaxística do terreo situado na rúa do Forte, no Peñón, entre a gasolinera e a carretera a Bueu.
Este espazo, ten varios niveis de rochas, e antiguamente, chegaba ata aí o mar.
Construiranse dúas zonas de miradores con bancos, aproveitando os distintos niveis do terreo, e todo integrado no entorno, e respectando o pasado e cunha visión ó futuro.
A obra a está a realizar o marinense José Souto, da empresa Innova Paisaxes, responsable das actuación nos xardíns da Praza da Capirota, a rotonda da Farola da Praza de España, ou a rotonda das Anclas na rúa Carballiño.