Barro proxecta a mellora integral do parque da Barosa
Por Redacción
Poñer a punto o parque da Barosa, unha das xoias naturais de Barro. É o obxectivo da iniciativa que impulsa o goberno municipal de Barro, que vén de contratar a redacción dun proxecto de mellora integral deste espazo.
O proxecto será redactado pola empresa Estela Arqueoloxía e Patrimonio S.L., por 2.807 euros.
O Concello busca mellorar a accesibilidade ao parque, un tratamento de xardinería e silvicultura coa poda e substitución daquelas árbores que o precisen, a recuperación e acondicionamento tanto da ruta de sendeirismo como doutros elementos que se foron deteriorando co paso do tempo e a mellora dos servizos alí existentes.
O parque de Barosa, recordan desde Barro, é un entorno que recibe miles de visitantes cada ano, o que fai necesaria unha actuación integral de mellora e ao mesmo tempo de recuperación daqueles elementos que co paso do tempo e a visita de tanta xente se foron deteriorando.