VÍDEO.- Unha exhibición de habilidades físicas inaugura os actos do 30 aniversario do Centro Méndez Núñez
Por Redacción & Mónica Patxot
A Praza da Peregrina foi o lugar escollido polo Centro Méndez Núñez para dar por inaugurados os actos de celebración do seu 30 aniversario.
Esta residencia e centro ocupacional situada en pleno centro histórico na que desenvolve a súa actividade a asociación de persoas con discapacidade Virgen de la O programou para 2019 unha serie de actividades para conmemorar a efeméride.
A primeira delas, suspendida semanas atrás por mal tempo, foi unha exhibición de habilidades físicas coa que buscaban visibilizar o seu labor.
A seguinte cita será o entroido pontevedrés e concretamente o concurso de Murgas, no que participará un grupo de persoas con diversidade funcional. Despois, en abril, organizarase unha xincana accesible, en maio unha representación teatral no Teatro Principal e en xuño pecharanse os actos realizando o Camiño de Santiago co apoio da asociación Discamino.