Tres mulleres sofren un atropelo nun paso de peóns na Avenida de Bos Aires
Por Redacción
Importante susto o vivido este sábado por tres mulleres mentres cruzaban un paso de peóns na Avenida de Bos Aires, en Pontevedra.
O suceso produciuse ao redor das 18:00 horas da tarde, cando un vehículo non se decatou da súa presenza sendo vítimas dun atropelo.
Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061 e tamén da Policía Local, que confirmaron que dúas das mulleres necesitaron asistencia médica.
Ambas foron trasladadas pola ambulancia ata o Hospital de Montecelo, aínda que segundo a Policía o seu prognóstico era leve.
O condutor do turismo, de 75 anos de idade, resultou ileso.