Ponte Caldelas amplía a Casa do Pobo da Roca
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas finalizou os traballos de ampliación da Casa do Pobo do núcleo da Roca, unha das máis pequenas da rede municipal.
En concreto a instalación ampliouse cunha nova estancia, de 20 metros cadrados, que será destinada á instalación dunha cociña.
As obras consistiron nunha nova construción que aproveita o oco da antiga xanela para abrir un paso e unha barra de servizo. A nova estancia dispón tamén de porta de acceso independente para facilitar a súa funcionalidade.
Ademais, aproveitouse para instalar peches de seguridade en todas as xanelas do inmoble.
A empresa encargada dos traballos está agora á espera de que a veciñanza da Roca comunique a disposición final do mobiliario para finalizar os traballos co pintado e a instalación do rodapé.