Cadeliños denuncia o envelenamento dunha colonia de gatos en Campelo
Por Redacción
A asociación de rescate animal Cadeliños alertou sobre a aparición este venres de dúas gatas con evidentes síntomas de envelenamento en Campelo, Poio, na colonia de Camiño Lubiáns.
Unha delas, explica a protectora, xa se atopou falecida e a outra o faría horas máis tarde no veterinario.
Segundo Cadeliños esta colonia de gatos vén sendo obxecto de reclamación por parte dos veciños ao non existir ningún control sobre a mesma, polo que se dirixiron ao Concello de Poio.
A asociación, que lembra que de acordo coa Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia os concellos son os responsables da recollida dos animais abandonados, roga precaución aos veciños da zona para evitar que as súas mascotas poidan resultar tamén envelenadas.
Por outra banda solicita a colaboración cidadá para localizar ao responsable destes feitos, pedindo que se se ten información lla remitan ao correo electrónico asociacioncadelinos@gmail.com.
Relacionadas:
-
Buscan o autor do disparo a Lin, un gato rescatado por Cadeliños en Campelo
Por Redacción |
-
Buscan a persoa que abandonou un gato dentro dunha bolsa de plástico nun contedor
Por Redacción |
-
A asociación Cadeliños busca casas de acollida e adopción para un can e un gato abandonados
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio investiga dous presuntos casos de maltrato animal no municipio
Por Diego Espiño |
-
Cadeliños denuncia o roubo de dous dos seus talonarios da lotería de Nadal
Por Redacción |
-
A cadela cega Cata atopa, por fin, un fogar
Por Redacción |