O renovado campo da festa de Arra, a punto para San Amaro
Por Redacción
As festas que Arra celebrará, o martes 15 de xaneiro, na honra de San Amaro servirán para inaugurar o renovado campo da festa da parroquia.
O goberno local inverteu preto de 15.000 euros no asfaltado e en melloras que permitan que Arra teña un campo de festas en boas condicións no que realizar outras actividades tamén ao longo do ano.
Pola súa parte, a Asociación Cultural San Cayetano tamén colaborou co acondicionamento das gradas e outros elementos da zona.
O martes ás 8:00 horas comezará a tirada de bombas que dá inicio á festa do patrón do pobo. Ademais haberá una alborada a cargo dun grupo de gaitas. A primeira das misas será ás 11:00 horas e a segunda, con procesión, ás 13:00 horas. Ás 21:00 horas, terá lugar a gran verbena coas orquestras París de Noia e La Ocaband.
O mércores 16 serán as festas na honra de San Marzal, con alborada cun grupo de gaitas pola mañá e misa con procesión ás 13:00 horas. Ás 21:00 horas comezará a verbena da man das orquestras Los Satélites e Trébol. O fin de festas será ás 03:00 horas, cunha gran tirada de bombas anunciando o remate da festividade.
O recinto estará cuberto por unha gran carpa con calefacción e haberá sorteos de premios económicos durante a verbena.