Concentración de celadores ante a delegación de Sanidade
Por Redacción
Un grupo de máis de cincuenta celadores da área sanitaria norte de Pontevedra concentráronse na delegación de Sanidade na Avenida de Vigo para reclamar que se contrate persoal á Consellería de Sanidade. Segundo denuncia este colectivo a través dun escrito "hai diñeiro para contratar porque nos consta que algúns sindicatos están a investigar a obra do Hospital de Día de Psiquiatría no Provincial, inaugurada recentemente pola Conselleira,". Dende a Coordinadora de Celadores afirman que "se gastaron cantidades astronómicas de diñeiro pero quizais entre o 60 e o 90% do traballo fose realizado polo persoal de mantemento do Hospital".
Os celadores denuncian que non se cobren as ausencias dos traballadores. Neste sentido reclaman transparencia nas contratacións para evitar "artimañas". Rexeitan, ademais, "as dobraxes sistemáticas do persoal vinculado para xerar días ou engordar a nómina".
Indican que en verán se pechan cuartos ou mesmo plantas enteiras e o persoal fixo ten que traballar noutros servizos. Por ese motivo sinalan que "ao baixar a contratación non se lle pode dar ao paciente o trato axeitado".
Relacionadas:
-
Os celadores retoman as mobilizacións ante a falta de contratación no CHOP
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Os celadores denuncian que a "parálise" das listas de contratación do CHOP "empeora a asistencia aos pacientes"
Por Oskar Viéitez |
-
Concentración ante o Hospital para denunciar que non hai contratacións temporais
Por Oskar Viéitez |
-
Os celadores do CHOP protestan contra os recortes na contratación de persoal
Por Diego Espiño |
-
Traballadores do Hospital "chívanse" á conselleira da mala xestión do xerente
Por Anxo Lourido |