Sanxenxo plantará 78 novas árbores no parque de Punta Vicaño
Por Redacción
Tras perder os piñeiros que houbo que tallar por atoparse enfermos, o goberno municipal de Sanxenxo renovará a masa arbórea do parque de Punta Vicaño. Farao a través da plantación de 78 novos exemplares.
O parque combinará zonas de bosque atlántico con carballos, castiñeiros, acivros e roubes con áreas con especies máis mediterráneas como aciñeiras e sobreiras. Ademais, haberá árbores que darán un gran colorido como liquidámbar, ginkgo biloba e faias.
Segundo informa o departamento de Medio Ambiente, 19 destas árbores procederán do viveiro municipal. Serán cinco carballos país, seis carballos americanos, dous castiñeiros híbridos, dous pradairos xaponeses e catro metrodiseros.
O resto, outros 59 exemplares, serán adquiridos. Así, compraranse doce faias, dez liquidámbar, dez ginkgo biloba, seis acivros, catro carballos escarlata, catro aciñeiras, catro sobreiras, tres carballos, tres castaños híbridos e tres bidueiros. Son árbores que alcanzan facilmente os catro metros.
Medio Ambiente destaca que a principal novidade será os exemplares de ginkgo biloba, unha árbore orixinaria de Xapón, Corea e o leste de China.
A coloración dourada que adquire a súa follaxe no outono é espectacular. As súas follas caen coas primeiras tormentas de outuno e tinguen de dourado as beirarrúas ou pavimentos da súa contorna, para volver brotar na primavera.
É unha árbore sacra para a tradición budista, e por iso adóitase plantar nos xardíns dos templos e xunto ás pagodas, como recoñecemento á súa capacidade para sobrevivir nas condicións máis extremas.
Relacionadas:
-
Un informe do Areeiro recomenda eliminar sete piñeiros en Punta Vicaño
Por Redacción |
-
Sanxenxo habilita un estanque para atraer aves e anfibios a Punta Vicaño
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo construirá un estanque de 80 metros en Punta Vicaño
Por Manu Otero |
-
A plantación de árbores en Punta Vicaño está a piques de terminar
Por Redacción |
-
Piden que o parque de Punta Vicaño sexa catalogado como Zona Protexida Forestal
Por Redacción |
-
24 plátanos do parque da Panadeira serán trasplantados e 30 piñeiros de Baltar serán tallados
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo xustifica a talla de árbores de Punta Vicaño con dous informes e por motivos de seguridade
Por Redacción |