Cambados e Combarro aspiran a formar parte da Rede de Pobos Máxicos de España
Por Oskar Viéitez
O Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais, unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito nacional fundada en 1997, é o promotor da Rede de Pobos Máxicos de España e estes días estuda a integración de Cambados e Combarro. De conseguilo serían as dúas únicas localidades da provincia en formar parte desta rede que conforman 81 municipios de todo o estado. En Galicia só están Ribadavia (Ourense) e Betanzos (A Coruña).
A Rede de Pobos Máxicos de España é un selo de calidade que otroga un equipo multidisciplinar, formado por expertos en historia, arquitectura, socioloxía e técnicos en turismo.
Este equipo examina a calidade urbana, museos, monumentos históricos e relixiosos, rutas e carreiros, festas e tradicións, paisaxes, riqueza natural, gastronomía e produtos locais.
Entre outros requisitos, para que un pobo pertenza á asociación debe contar cun patrimonio arquitectónico ou natural certificado e ter unha poboación inferior a 15.000 habitantes, no caso das que superan os 5.000 a Rede só contempla o centro histórico.
O Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais comunicará a próxima semana a súa decisión e serán os gobernos locais de Cambados e de Poio o que decidan se aceptan formar parte desta rede. Se a resposta é positiva iniciarase unha colaboración para poñer en marcha proxectos de promoción conxuntos.