Cuntis acondiciona as pistas municipais para reducir o risco de incendios
Por Redacción
O goberno municipal de Cuntis deu orde aos operarios do Concello para que acondicionen todas as pistas da súa titularidade que estean incluídas en franxas de protección de incendios.
Son camiños que están dentro de zonas de concentración parcelaria ou noutras zonas que son principalmente de uso agrario. Estes traballos, explica o goberno, están a ser realizados coa maquinaria adquirida a través dun convenio coa Consellería de Medio Rural.
Ata o de agora, xa se estivo realizando esta actuación nas parroquias de Estacas e Troáns e a continuación farase en Cuntis e no resto do municipio.
O grupo de goberno ten previsto con estes traballos acondicionar correctamente as vías de titularidade municipal e cumprir así coas medidas de prevención de incendios.