Bueu xa poderá usar escudo e bandeira en actos e documentos oficiais
Por Redacción
Un pano azul con tres franxas verticais e ondadas de branco ao batente. ÿ a nova bandeira do Concello de Bueu. O Consello da Xunta de Galicia deulle o visto e prace este xoves, de modo que a localidade xa ten símbolo oficial.
O mesmo decreto que aproba esta bandeira o fai tamén co ecudo oficial do municipio. A partir de agora queda establecido como unha imaxe cun fondo azur (azul), cun navío (bergantín) de ouro (amarelo) coas velas despregadas de prata (branco), sobre ondas de prata e azul e coroa real pechada ao timbre.
A partir de agora ambos os dous emblemas xa poderán figurar nos documentos oficiais.
A busca de bandeira e escudo tivo catro intentos nas últimas catro décadas e encamiñouse definitivamente en 2012 coas propostas de deseño de ambos os dous símbolos consensuadas entre a Comisión de Heráldica de Galicia e o propio Concello.
Tras unha consulta a través da rede social facebook na que os veciños puideron elixir o deseño co que máis se identificaban e a asesoría final dos especialistas en heráldica, o Pleno da Corporación lle deu o visto e prace aos últimos deseños no mes de febreiro, se publicou no Diario Oficial de Galicia e chegou ás mans da Xunta.