O Goberno local de Cuntis presenta aos veciños o proxecto de mellora do saneamento na parroquia de Arcos
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, acompañado dos técnicos redactores do proyecto, mantivo este domingo unha reunión con veciños do lugar de Ducio, na que lles presentou o proxecto de mellora do saneamento que se vai levar a cabo nesta parroquia de Arcos.
O proxecto contempla a construción dun colector da rede de saneamiento que conectará coa da Casiña donde xa existe está funcionamiento unha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) e ten por obxecto dotar deste servicio aos veciños deste lugar.
As obras encaixan dentro das políticas do goberno local de levar os servizos básicos a aqueles lugares que non dispoñan deles, mellorando así a calidade de vida dos cuntienses e, así mesmo, desenvolver as zonas rurais e a fixación de poboación nestas zonas do rural.
O proyecto, cunha dotación orzamentaria de 160.000 euros, permitirá aos veciños de Ducio desfrutar dun servizo básico tan demandado.