As lonxas da ría facturaron 15,7 millóns de euros o ano pasado
Por Oskar Viéitez
As lonxas de Bueu, Campelo, Marín, Pontevedra (Mercado) e Portonovo facturaron este 2018 un total de 15.766.359 euros, segundo os datos da Plataforma tecnolóxica pescadegalicia.gal en base ás notas de venda emitidas polas lonxas ou centros autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros frescos.
Segundo constatou a Consellería do Mar esta cifra de facturación supón un incremento respecto a a cantidade ingresada no ano 2017, cando o balance pechouse con 14,5 millóns de euros.
O rechamante destas cifras é que a cantidade de peixe e marisco poxada o pasado 2018 é inferior apenas 5,8 millóns de quilos fronte aos 8,6 do ano 2017.