Meis recollerá os currículos dos aspirantes aos 80 postos de traballo do parque acuático
Por Oskar Viéitez
Persoal de restauración, socorristas, empregados de mantemento, de limpeza, son algúns dos perfís que se buscan para cubrir os 80 postos de traballo que xerará o Natural Meis, ou Parque da Auga de Meis, segundo anunciou o alcalde, José Luis Pérez.
Nos próximos días o Concello empezará a recoller os currículos dos interesados en traballar neste aquapark que terá capacidade para unhas 5.000 persoas diarias.
A empresa promotora da instalación, a firma valenciana Action Waterscapes, dará preferencia aos membros da comunidade de montes de San Vicente de Nogueira, seguidos dos veciños de Meis.
En previsión, un grupo de desempregados da localidade está a realizar un curso de socorrismo na Cruz Vermella de Pontevedra.
Nestes días remata o prazo de exposición pública do proxecto de urbanización dunha parcela total de 70.000 metros cadrados en Penente sen que, por agora, se presentaran alegacións. O próximo paso é a presentación do proxecto de obra e execución para poder obter a licenza municipal.
Relacionadas:
-
A Xunta investirá máis de 100.000 euros na mellora do bombeo en Meis para dar servizo ao futuro parque acuático
Por Redacción |
-
Luz verde para que o parque acuático de Meis abra as súas portas na primavera de 2020
Por Redacción |
-
O BNG cre que o proxecto do parque acuático de Meis "é fume electoral"
Por Redacción |
-
Terá Meis o próximo verán un aquapark?
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Meis amortiza toda a súa débeda
Por Oskar Viéitez |