O goberno local de Cuntis presenta os orzamentos para 2019
Por Redacción
O goberno local de Cuntis previu convocar a todos os grupos políticos municipais para dar a coñecer os orzamentos do Concello para o exercicio 2019.
O documento económico xa foi revisado e superou os trámites técnicos correspondentes.
O equipo de goberno, que ata agora presentou en tempo e forma o proxecto coas contas municipais, previu que o documento quede definitivamente aprobado neste mes de xaneiro.
Segundo informou o alcalde, Manuel Campos, os orzamentos do 2019 incrementan as partidas destinadas a gasto social e dotan dunha maior consignación aos deportes.
Así mesmo vaise a dar maior protagonismo ás políticas destinadas ao fomento do emprego, cunha dotación económica importante.
Tamén se reservaron importantes partidas económicas para as obras proxectadas na contorna ao Polígono Industrial da Ran, incluídas as expropiacións.
O grupo de Goberno espera conseguir o apoio do resto dos grupos políticos municipais, dado o "marcado carácter social e de fomento do emprego" destes novos orzamentos.