Empeza a veda da nécora
Por Redacción
Despois de seis meses de actividade, este sábado empeza a veda da nécora que se prolongará ata o próximo 1 de xullo.
Segundo os datos da Consellería do Mar, esta campaña deixou un saldo menor que en tempadas anteriores cun notable descenso nas capturas.
A campaña pechouse con 106 toneladas de nécora poxadas nas lonxas galegas, que xeraron uns ingresos totais de 1,9 millóns de euros. En 2017 foron case 147 toneladas por importe de 2,2 millóns de euros.