A Garda Civil detén dous veciños de Vilanova de Arousa por unha decena de roubos en bares e cafeterías da comarca
Por Redacción
A Garda Civil detivo aos presuntos autores de preto dunha decena roubos cometidos durante os últimos meses do pasado ano en bares e cafeterías de distintas localidades da comarca do Salnés. Trátase de dous mozos de Vilanova de Arousa e outro de Caldas de Reis.
As investigacións desenvoltas polo Equipo de Investigación da Compañía da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, no marco da denominada operación "Cajetín", levada a cabo en colaboración con efectivos dos Postos Principais de Cambados e Sanxenxo, culminaron co esclarecemento e a detención dos presuntos autores dos roubos con forza que se cometeron o pasado mes de outubro en tres cafeterías situadas no centro urbano de Vilanova de Arousa, de onde se levaron 2.700 euros en efectivo, unha caixa de cambios con moedas, unha caixa de caudais e 70 décimos da lotería de Nadal.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, con estas detencións, a Garda Civil puido recuperar os restos da caixa de caudais que fora subtraída, a caixa de cambios co diñeiro e un dos décimos que se localizou nun comedor social na Coruña.
No marco da mesma operación esclarecéronse outros catro roubos que se cometeron o mes de agosto do ano pasado noutros tantos bares na localidade de Meaño e outro labor o mesmo mes no centro cultural do municipio de Portas.
Os detidos son dous mozos de 20 e 21 anos, veciños de Vilanova de Arousa e outro, de 20 anos, veciño de Caldas de Reis
Os detidos son dous mozos de 20 e 21 anos, veciños de Vilanova de Arousa e outro, de 20 anos, veciño de Caldas de Reis que, desde principios do mes de outubro do anos pasado, estaba en prisión cumprindo condena por outro feitos delituosos de similares característias. A este último vincúlaselle unicamente cos roubos cometidos no mes de agosto en Meaño e Portas.
As dilixencias instruídas foron entregadas nos respectivos Xulgados de Instrución de gardas de Vilagarcía de Arousa, Cambados e Caldas de Reis.