Medio Rural mellorará varios camiños municipais en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
A consellería do Medio Rural destinará un total de 103.930 euros á mellora de camiños municipais en Cerdedo-Cotobade.
Estes fondos permitirán arranxar os accesos aos lugares de Arrotea, na parroquia de Almofrei, e Limeres, na de Cerdedo.
Os traballos inclúen tanto o movemento de terras como o levantamento de muros e contencións, así como a mellora da capa de rodaxe.
Así o deron a coñecer este venres nunha visita á zona de intervención do director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o presidente municipal, Jorge Cubela.
Trátase, aseguraron, de mellorar a mobilidade dos veciños e facilitar as tarefas no campo.