O PP lamenta a "parálisis total" do Concello co transporte público
Por Alejandro Espiño
Que "cumpla con la ley" e poña en marcha o transporte público urbano. É o requirimento que, a través dunha moción plenaria, realiza o Partido Popular ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
O seu portavoz, Rafa Domínguez, lamentou a "parálisis total" que demostra o Concello sobre esta cuestión e urxiu ao goberno municipal a que defina as liñas de transporte público que agora mesmo discorren por Pontevedra, servizo que está a prestar a Xunta.
"Queremos que el gobierno local aclare qué va a pasar con las líneas que van a Xeve y Verducido, a Lérez y Marcón, a Lourizán, a Salcedo, a Montecelo y a Monte Porreiro", apuntou, ao lembrar que caducan antes dun ano.
A iso sumou, ademais, a preocupación veciñal ante a falta de información sobre as frecuencias, os horarios ou as marquesiñas destas liñas, que permite que os cidadáns do rural estean "mejor conectados" coa cidade.
Domínguez reiterou que o Concello debe retomar as negociacións para adherirse co plan de transporte metropolitano posto en marcha pola Xunta de Galicia e que xa funciona en cidades como Lugo, A Coruña, Santiago e Ferrol.
O líder dos populares lamentou que para o BNG "no sea urgente" o transporte público, ao sinalar que mellora o tráfico, contamina menos e favorece o acceso ao comercio local.
Relacionadas:
-
Domínguez ve unha "chapuza" o plan de transporte do Concello: "Yo quiero autobuses por el rural"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra baseará no transporte a demanda a súa proposta para o transporte urbano
Por Alejandro Espiño |
-
Mosquera anuncia un plan de transporte urbano "pioneiro e modélico" para Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra buscará "alternativas" para o bus urbano pero non aceptará "ameazas" da Xunta
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez esixe ao BNG que "se deje de excusas" e implante o transporte urbano
Por Alejandro Espiño |
-
Lores chamará por teléfono a Núñez Feijóo para falar do transporte público
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta descontará o custo do transporte urbano ao Concello se este non asume este servizo voluntariamente
Por Oskar Viéitez |