Marín aproba as subvencións ao deporte federado no municipio
Por Redacción
O Concello de Marín notificou aos clubs do municipio a valoración de méritos do concurso de axudas ao deporte federado correspondentes á tempada 2017/2018 xa finalizada.
Esta convocatoria, dotada con 45.000 euros e á que hai que engadir os 20.000 euros nominais que recibe o Peixe Galego de baloncesto, refírese por tanto ao período comprendido entre o 1 de xullo de 2017 e 30 de xuño de 2018.
Por clubs, a repartición de subvencións quedou da seguinte maneira: Santomé (441,61€), EF Villa de Marín (2.561,33€), Marín CF (1.766,44€), Team Thunder (2.782,14€), AD Dom+ Judo (3.179,59€), Ximnasia In Mare (1.545,63€), Ximnasia Vila de Marín (706,58€), Remo Ría de Marín (1.545,63€), Xadrez Marín (1.280,60€), Piragüismo Tambo (794,90€), Club Deportivo Taekwondo Mat's (8.567,22€), La Peña Futsal (1.766,44€), Escuela Deportiva Marín (3.223,75€), Club Atletismo San Miguel (2.075,56€), Fortuna Patinaxe Marín (750,74€), Ancoradouro (3.621,20€), CD Pinarium (1.413,15€), Real Club de Mar Aguete (2.605,50€), O Fisgón Futsal (1.545,63€), Club Ciclista Marín (1.987,24€) e Ximnasia Ría de Marín (839,06€).
A colaboración do Concello de Marín coas entidades deportivas locais complétase á súa vez coas Escolas Deportivas Municipais, dotadas cun orzamento aproximado de 76.000 euros.