Denuncian unha veciña de Vilaboa que tiña dez cans encadeados permanentemente
Por Redacción
A Garda Civil denunciou unha veciña de Vilaboa detectada en posesión de 14 cans, dos que 12 carecían de documentación nin microchip e 10 estaban encadeados de forma permanente.
Segundo informou a Garda Civil, unha patrulla do Servizo de Protección Animal da Natureza (Seprona) de Cangas puido comprobar que esta veciña tiña 14 cans, e dez deles estaban encadeados as 24 horas do día. Ademais, 12 carecían da preceptiva documentación do correspondente microchip e dos outros dous non se puido comprobar de forma segura.
Os animais tampouco figuraban inscritos, como é preceptivo, no Rexistro Galego de Núcleos Zoológicos, ao ser considerado como tal por superar a cantidade estipulada de cinco cans.
Por mor das circunstancias observadas, a patrulla do Seprona de Cangas denunciou á propietaria por infrinxir a nova Lei 4/2017, de protección e benestar da animais compañía en Galicia por unha suposta infracción por manter aos cans atados de forma permanente limitándolles os movementos que lle son necesarios durante a maior parte do día.
Ao mesmo tempo, formuláronse varias denuncias por distintas infraccións administrativas relacionadas principalmente cos rexistros documentais e microchips, que foron remitidas á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.