Un caso de violencia de xénero ensombrece unha Noitevella tranquila a nivel de seguridade
Por Natalia Puga
As policías Local e Nacional de Pontevedra aseguraron este martes que a primeira madrugada do ano 2019 transcorreu con normalidade na cidade, onde apenas se desenvolveron incidencias reseñables e mesmo houbo menos chamadas veciñais con queixas que calquera fin de semana por ruídos en pisos ou locais de lecer. Esa tranquilidade viuse, con todo, ensombrecida por un caso de violencia de xénero no que un home resultou detido.
Desde a Policía Local han indicado que ese arresto produciuse durante a madrugada, pero de momento, non se facilitaron detalles do ocorrido.
A Policía Nacional non dá conta de incidentes graves mentres que os policías municipais si realizaron dúas denuncias a condutores que deron un resultado positivo en probas de alcoholemia, unha nun control estático xa pola mañá na rúa Echegaray e outra nun control dinámico.
Os dous positivos derivaron en denuncias pola vía administrativa e, á marxe delas e do caso de violencia de xénero, a Policía Local fala de "normalidade absoluta".
Relacionadas:
-
Deteñen un mozo que deu unha cabezada á súa parella en plena rúa e fíxolle sangrar o nariz
Por Natalia Puga |
-
Dúas intoxicacións etílicas nunha Noitevella con nivel de actividade "normal" en Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Un incendio a medianoite destroza o baixo dunha antiga florería en Estribela
Por Diego Torrado & Natalia Puga |