Adrián, primeiro bebé de 2019 en Pontevedra, naceu doce horas despois das uvas
Por Redacción
Un neno de nome Adrián converteuse este martes no primeiro bebé do ano 2019 na área sanitaria de Pontevedra tras nacer doce horas e 40 minutos despois da medianoite no Hospital Provincial.
O neno, que pesou 4 quilos e 115 gramos, naceu ás 12.40 horas, segundo informaron fontes sanitarias oficiais da xerencia dos hospitais de Pontevedra e O Salnés.
O interese tradicionalmente suscitado polo primeiro nacemento do ano en cada hospital non foi alleo ao caso de Adrián, pero os seus familiares declinaron este martes realizar intervencións públicas ou que se retraten imaxes deste feliz acontecemento.
A familia do recén nado agradece o interese suscitado polo nacemento do pequeno Adrián no Hospital Provincial de Pontevedra, pero prefire permanecer no anonimato.
No Hospital do Salnés demorouse máis este ano a chegada do primeiro bebé. Naceu ás 16.32 horas da tarde deste martes e a súa familia púxolle o nome de Lucas. No seu caso, pesou 3 quilos e 400 gramos ao nacer.
Os seus pais, Natalia e Jorge, non quixeron dar a conocer ao pequeno Lucas en público por razóns de descanso e recuperación postparto. Ao igual que os pais de Adrián, declinaronn efectuar declaracións públicas ou permitir que se fagan fotografías deste feliz acontecemento, á vez que agradecen o interese suscitado polo nacemento do pequeno.
Relacionadas:
-
Xabi, un fillo buscado e esperado que se adiantou 20 días para ser o primeiro bebé do ano en Pontevedra
Por Natalia Puga & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Dúas intoxicacións etílicas nunha Noitevella con nivel de actividade "normal" en Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada