Con motivo destas datas de Nadal, temos unha edición especial de Podcans. Xa falamos da relación entre os nenos e os cans... pero que opinan eles? Que pensan cando un animal chega a casa? Saben como colaborar na súa educación?
De todo iso falan Mario e César, os nosos dous invitados, que enchen de preguntas ao educador canino Diego Álvarez.
Ademais, nesta entrega especial non presentamos ningún can en adopción, pero aproveitamos para abordar de novo como actuar se entre as cartas aos Reis Magos, os máis pequenos da casa inclúen a petición dunha mascota.