Para agasallos orixinais, as 'Nadaladas' do Teucro
Por Redacción & Diego Torrado
Tes aínda algún agasallo de Nadal por comprar? Se é así, unha gran opción é que pases polo mercado de artesanía que está aberto na Praza do Teucro.
Centos de persoas aproveitaron a fin de semana para achegarse ata As nadaladas do Teucro, a feira Pontenadal que organiza a asociación de comerciantes do centro histórico.
Nela, atopamos máis de trinta propostas con produtos de coiro, pel, cerámica, pintura, téxtil, prata, apicultura, complementos, xoguetes de madeira, artesanía en oliveira e todo un sen fin de agasallos para estas datas.
A feira está aberta todos os días, ata o próximo 5 de xaneiro, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21.30 horas, agás o día de Aninovo que estará pechada.