Destrozan a golpes a cabina da parada de taxis de Cuntis
Por Redacción
Un novo acto vandálico indignou aos veciños de Cuntis. A cabina de teléfono que dá servizo á parada de taxis da Praza das Árbores foi esnaquizada a golpes esta pasada madrugada.
O incidente xa foi denunciado ante as autoridades competentes.
Os servizos municipais de emerxencias tiveron que responder tamén nas últimas horas á alerta recibida para retirar unha caseta de obra utilizada por unha empresa que se dedica á retirada de madeira.
A caseta atopábase obstaculizando a estrada municipal de Vilameán que dá acceso á PO-220 na parroquia de Estacas. A estrutura fora arroxada á vía e podería ter causado un accidente con graves consecuencias.
O Concello, ante este tipo de actos, advirte que estes feitos producen un gasto importante de reposición de mobiliario urbano durante todo o ano, que impide que ese diñeiro non poida ser investido noutras actuacións.
Por iso, animan aos cidadáns para denunciar este tipo de feitos.