Azul metálico, o antigo edificio da Xunta en Benito Corbal amosa a súa cor
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O azul metálico chamará a atención na rúa Benito Corbal. Durante estes días están a instalarse as placas da fachada do edificio onde se albergaban as antigas oficinas de la Xunta de Galicia. A apertura da rede de protección permitiu que se vexa un avance do aspecto que ofrecerá o inmoble cando rematen os traballos de rehabilitación.
As obras de reforma do edificio atópanse xa na súa fase final coa idea de que poida estar operativo a partir do primeiro trimestre deste 2019.
Neste edificio instalaranse oficinas de Emprego nas primeiras plantas, mentres que o terceiro e cuarto andar serán ocupados por diversas asociacións da comarca, que terán que solicitar a súa ocupación por un período de catro anos.
Os últimos andares, desde o quinta ao oitavo, estarán ocupados pola Universidade de Vigo con oficinas do seu proxecto Campus Crea e espazos de investigación.