Os socialistas esixen explicacións pola "mala recollida do lixo" durante os festivos
Por Redacción
"A recollida de lixo está a ser un desastre. Ás 12 da mañá están a verse contedores sen baleirar e o lixo amontoándose ao seu ao redor. É incomprensible e inadmisible", manifestou Tino Fernández, portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE, tras presentar unha solicitude esixindo ao goberno municipal a que tome medidas para evitar unha imaxe que el mesmo cualificou de "lamentable".
As deficiencias na recollida do lixo veñen sendo obxecto de reiteradas denunciadas por parte do PSdeG-PSOE ao longo de todo o mandato.
Contedores en mal estado, malos cheiros, lixo acumulado na rúa, presenza de ratas en diversos puntos da cidade, todos eles son problemas que revelan, segundo Tino Fernández, que "hai unha xestión moi deficiente dun servizo que nos custa mais de 6 millóns de euros ao ano. E hai un deixamento absoluto por parte do goberno que non está a controlar o cumprimento dos deberes por parte da empresa".
Asegura que esta situación, "que se produce de maneira reiterada", viuse "agravada" nas datas do Nadal.
"Este non é o noso modelo. O noso modelo é coidar destas cousas e esixir con firmeza que a empresa cumpra cos seus deberes. Porque non estamos a dar unha boa imaxe da nosa cidade", declarou o portavoz socialista.
Desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE esixen ao goberno local "que se poña as pilas" e realice unha auditoría sobre o cumprimento dos deberes da empresa concesionaria e dea explicacións sobre a situación na comisión correspondente.
Relacionadas:
-
A renovación dos contedores azuis para papel e cartón, en marcha
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian a aparición dunha rata nas escaleiras do Hospital Provincial e esixen solucións inmediatas
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian a presenza de malos olores, fochancas e maleza en Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian a "pésima" recollida do lixo na zona de Juan Bautista Andrade
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas promoven unha ruta Hamelín por Pontevedra detrás das ratas
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian que as ratas seguen a proliferar en Campolongo
Por Oskar Viéitez |