Dous movementos sísmicos rexístranse con epicentro en Ponte Caldelas en menos de 24 horas
Por Anxo Lourido
O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) recolleu a presenza de dous terremotos co epicentro situado no municipio de Ponte Caldelas durante a xornada de celebración do Nadal.
Desta forma, ás 07.18 horas da mañá do martes 25 detectábase un tremor a 24 quilómetros de profundidade e cunha magnitude de 2.4 mbLg na escala Richter. Superou o minuto de duración, segundo o seguimento das fases que realiza o Instituto Xeográfico Nacional.
En menos de 24 horas, o movemento volvía rexistrar na mesma zona. Nesta ocasión o sismo situábase a 33 quilómetros baixo terra e cunha dimensión menor, situándose nunha magnitude de 1.9 mbLg. A súa duración foi de 40 segundos, segundo o IGN.
Estes movementos sísmicos pasaron desapercibidos para a maioría da poboación. Segundo os expertos, estes casos de tremor de terras adoitan apreciarse pola poboación cando a magnitude supera os 3.0 mbLg.
Relacionadas:
-
Cinco terremotos fan tremer Vilaboa nunha marxe de catro horas
Por Alejandro Espiño |
-
Cuntis, epicentro dun terremoto de dous grados na escala Ritcher
Por Redacción |
-
Un terremoto de magnitude 3.8 con epicentro no norte de Portugal nótase na provincia
Por Redacción |
-
Dous novos tremores elevan a dez os episodios sísmicos no Salnés
Por Redacción |