A Garda Civil evita que un home se precipite desde máis de 40 metros de altura
Por Redacción
Os integrantes da Patrulla Vilagarcía do servizo da Garda Civil convertíanse en trasgos do Nadal cunha acción de salvamento e axuda durante esta Noiteboa.
Na madrugada deste martes, o servizo do 112 SOS Galicia recibía a información de que un home atopábase na ponte da estrada de circunvalación de Caldas de Reis. Ata o lugar achegábase o equipo que conforma a patrulla da Garda Civil e comprobaba que o home de 35 anos atopábase agarrado á parte exterior da varanda da ponte, con grave risco de precipitarse ao baleiro.
Segundo indican desde a Garda Civil, a altura nese punto supera os corenta metros. Os compoñentes da patrulla cumpriron co protocolo de actuación mantendo unha conversación co home durante unha hora ata que lograron que permitisen que se fosen achegando. Nun determinado momento da conversación e, por sorpresa, conseguen suxeitalo e inmobilizalo.
Desde a Garda Civil alertouse a unha ambulancia do 061, que se encargou de trasladar ao mozo, que sofre problemas psiquiátricos, ao Hospital Montecelo para un recoñecemento médico.
*Nota de redacción: O equipo que actuou pertence á Garda Civil e non a Protección Civil, como erroneamente publicábase anteriormente.