VÍDEO.- Carmela Silva felicita o Nadal en Twitter: "Vivimos nun paraíso e non podo estar máis orgullosa de todas e todos vós"
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra quixo enviar estes días unha mensaxe de Nadal para felicitar as festas a todos os habitantes de Pontevedra a través da rede social Twitter. Carmela Silva escolleu unha posta en escena singular e informal: sentada no chan xunto a un agasallo destas festas sobre o que se atopaban dúas figuras de gnomos decorativos.
A presidenta provincial centrou o seu discurso destacando os valores tanto da provincia como do traballo desenvolvido desde a institución que lidera: "v
Silva emprega unha linguaxe inclusiva e destaca o valor da cidadanía da provincia á que define como "marabillosa", para referirse a ela como "mulleres e homes, homes e mulleres loitan cada día por sacar adiante a vida. Non podo estar máis orgullosa de todos vós".
A presidenta da Deputación Provincial remata desexando un bo nadal e un feliz 2019, ademais de insistir en que esta provincia debe seguir sendo "ese lugar onde tanto merece a pena vivir".