Papanoelada en Marín: en moto repártanse máis lambetadas que con renos
Por Diego Torrado & Redacción
Moteiros Solidarios de Galicia reuníronse este domingo para levar a cabo a xa tradicional Papanoelada Moteira por diferentes puntos de Marín.
Os asistentes, vestidos coa típica vestimenta vermella e branco de Papá Noel, movéronse por distintas parroquias do municipio repartindo caramelos entre os máis pequenos, sorprendidos ao ver que os renos habituais foran substituídos por motos de distinta cilindrada.
O Concello de Marín colabora con esta iniciativa que comeza na Escola Naval como punto de encontro para despois trasladarse por Ardán, Seixo, Pardavila e finalizar na alameda de Rosalía de Castro.