Un accidente en Vilaboa deixa dúas persoas feridas e provoca retencións no acceso a Pontevedra
Por Redacción
Ao redor das 20.00 horas deste domingo rexistrábase un accidente na zona de Toural, no cruce entre a Nacional 550 e a N-554, no desvío da estrada de Vigo cara o municipio de Vilaboa.
Dous turismos impactaban frontalmente neste perigoso punto. Dous ocupantes dun dos vehículos sufriron feridas de distinta consideración, segundo informan testemuñas presencias. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia para socorrer os implicados no accidente.
O suceso provocou retencións importantes nas dúas estradas e ata o lugar desprazábase tamén a Garda Civil de Tráfico, que normalizou a circulación pasados uns minutos.