A Policía Local de Poio pide colaboración para identificar os autores de pintadas na igrexa de Combarro
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Poio iniciaron unha investigación ante a aparición esta noite de pintadas no exterior da igrexa de San Bernardo situada en Combarro no municipio de Poio.
Estas pintadas foron realizadas en varias portas de cor verde de acceso ao templo e todo indica que se executaron empregando un sprai de cor claro. Nelas pode verse o número 14 acompañado dun pequeno corazón, mentres que noutra porta aparece unha figura indeterminada.
Para intentar localizar no menor tempo posible os responsables desta agresión ao patrimonio, a Policía Local solicita a colaboración cidadá por parte de todas aquelas persoas que poidan ofrecer algún dato sobre a autoría. Calquera información sobre este caso pode facillitarse a través do teléfono da Xefatura da Policía Local: 689.575.495