VÍDEO.- Arde en Caldas o remolque dun camión que transportaba restos de material pirotécnico
Por Redacción
Os Bombeiros do consorcio de Pontevedra tiveron que intervir este venres para apagar o lume que se orixinaba na carga do remolque dun camión que circulaba pola autoestrada AP-9 en sentido A Coruña.
Á altura do quilómetro 104, no municipio de Caldas de Reis, ao redor das 19.30 horas, o condutor era alertado por outros condutores de que o semirremolque en que transportaba a carga incendiárase e estaba emitindo fume. O transportista viuse obrigado a tomar a saída da autoestrada e detíñase na peaxe de Carracedo, segundo información facilitada pola Garda Civil de Tráfico.
Patrullas do Subsector da Garda Civil de Tráfico achegáronse ata a zona para curtar o acceso á peaxe. Os vehículos foron retidos nunha zona de seguridade de aproximadamente 50 metros, atendendo ás indicacións dos bombeiros ante o anuncio do condutor de que transportaba restos de material pirotécnico inflamable.
Ata o lugar tamén se trasladaron efectivos