Sanxenxo licita a instalación de bombas de augas residuais na Revolta e Arnosa
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo acaba de licitar a instalación de bombas de augas residuais na Revolta (Noalla) e Arnosa (Vilalonga).
Nestes lugares existen actualmente dúas estacións de bombeo de augas residuais que pertencen á rede municipal de saneamento, e cada unha delas posúe bombas de impulsión que, debido á súa antigüidade, esgotaron a súa vida útil producíndose continuas avarías.
Esta situación vese ademais agravada debido ao aumento do caudal respecto a o seu cálculo orixinal, tendo un uso continuo e constante.
Por ese motivo está previsto a instalación de dúas unidades de bombas centrífugas somerxibles, adaptadas ao novo caudal e colocadas nos pedestais existentes.
Esta actuación terá un custo de 33.200 euros, podendo presentar ofertas as empresas interesadas en acometer os traballos ata o próximo 3 de xaneiro.