A Policía Local activará este sábado o plan de tráfico especial de Nadal
Por Oskar Viéitez
A Policía Local afánase estes días en preparar o dispositivo especial de Nadal na cidade, que entrará en funcionamento o sábado 22 de decembro permanecendo activo ata o día 7 de xaneiro.
O principal obxectivo é favorecer a circulación rodada no centro, que habitualmente sofre momento puntuais de atoamento coincidindo con días sinalados como Noiteboa, fin de ano e Reis.
Son tres das datas crave, pero os axentes recomendan que durante todo este período os condutores eviten zonas céntricas como a Praza de Barcelos ou Benito Corbal.
Para iso pídese usar na medida do posible os aparcadoiros disuasorios e circular polo anel primario, o composto polas rúas Xosé Malvar, Bos Aires, Uruguai, Corbaceiras, Manuel del Palacio, María Victoria Moreno, Estación, Eduardo Pondal e 12 de Novembro, evitando o centro cando non sexa necesario.
Entre os puntos de especial atención para a Policía Local atópanse as entradas dos aparcadoiros subterráneos, o cruzamento de Uxío Novoneira con Eduardo Pondal ou a rotonda entre Alameda e Raíña Vitoria, onde non se descartan cortes puntuales ou desvíos de tráfico.
Segundo a intensidade do tráfico a Policía Local de Pontevedra fará desvíos puntuais, unha medida excepcional que ten como finalidade o mantemento da circulación de vehículos en continuo movemento.
Son puntos de especial atención a entrada e saída dos aparcadoiros soterrados, a intersección de Uxío Novoneira con Eduardo Pondal, a Praza de Barcelos e a rotonda Alameda- Raíña Vitoria.
Ademais o plan de tráfico advirte que a alta afluencia de peóns no cruzamento de Benito Corbal con Sagasta provocará retencións que afectarán a rúas como Perfecto Feijoo, San Antoniño e Javier Puig.
Outros puntos aos que se prestará atencion son as saídas da cidade polo Nó do Pino, Avenida de Vigo, Avenida María Victoria Moreno, a ponte das Correntes ou Doutor Loureiro Crespo ata Xosé Malvar, especialmente no cruzamento coa Rúa da Seca.
As datas consideradas de alto risco de retencións serán o 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro, mentres os días 19 e 26 de decembro e 2 e 7 de xaneiro considéranse de risco medio.
En canto aos horarios máis conflictivos prevese que sexan de 10:30 a 12:00 horas nas entradas da cidade, de 13:15 a 14:30 horas de saída e de 18:45 a 21:00 horas tamén de saída.
Os aparcadoiros disuasorios recomendados son os situados ante o Pavillón Municipal, a explanada do Recinto Feiral, o peirao de Corbaceiras, Mollabao, Pasarón, Tafisa e Xoán Carlos I.