Entregan un escrito en Naturgy esixindo compromiso na retirada do transformador eléctrico do colexio de Barcelos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Dous pais e unha nai que forman parte da xunta directiva da ANPA do colexio de Barcelos asistían en representación de toda a comunidade escolar deste centro ás oficinas de Naturgy, antes Gas Natural Fenosa, para presentar un escrito en que reclaman datos sobre o estudo ao que se comprometeu a empresa eléctrica para abordar o traslado do actual transformador que se atopa nas instalacións do centro, a preto de 10 metros da porta de entrada.
Coa presentación do documento, os representantes da comunidade escolar queren obter por escrito o compromsio que adquiríu o delegado territorial de Unión Fenosa Distribución o 11 de decembro, cando se viu obrigado a acudir ata o centro a petición do alcalde de Pontevedra despois de que numerosas nais acompañadas pola dirección do centro e por escolares amosaran a súa oposición ao arranxo do transformador que se incendiara horas antes causando a alarma en toda a zona de Barcelos.
Desta forma, reclaman que se facilite unha data de presentación do estudo comprometido para o traslado con presentación de copia no rexistro do centro educativo. Tamén queren unha copia dese estudo para que a comunidade educativa dispoña de información sobre os tempos de execución e de resposta por parte das distintas administracións e organizacións que se atopan implicadas no proceso de retirada do transformador.
Queren tamén datos do interlocutor válido por parte de Naturgy para coñecer de maneira persoal a evolución de todo o procedemento. Ademais, solicitan o compromiso por escrito de Francisco Ramos, delegado territorial de Unión Fenosa, sobre a retirada e reubicación da instalación eléctrica.
Como xa tiñan avanzado, os pais e nais do alumnado do centro piden que se realicen as revisións unha vez por semana ata mediados de xaneiro do transformador e posterriormente unha vez ao mes ata que se instale noutro punto.
Polo momento, afirman os representantes que entregaron o escrito non houbo novos movementos por parte das autoridades administrativas nin pola compañía eléctrica.
Relacionadas:
-
Acordo do Concello con Fenosa para trasladar o transformador do colexio de Barcelos
Por Redacción |
-
Acordo entre o Concello e Fenosa para soterrar o transformador de Barcelos
Por Redacción |
-
A Xunta deixa nas mans de Fenosa e o Concello trasladar o transformador de Barcelos
Por Redacción |
-
Os socialistas esixen á Xunta a retirada do transformador do colexio de Barcelos
Por Redacción |
-
O delegado de Educación presionará para que se retire o transformador do colexio de Barcelos
Por Anxo Lourido |
-
Fenosa acepta iniciar os trámites para resituar o transformador de Barcelos
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Así impediron as nais a instalación dun novo transformador no colexio Barcelos
Por Mónica Patxot |
-
Catro horas de peche no colexio de Barcelos para esixir a retirada do transformador
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
VIDEO.- Desaloxan o colexio de Barcelos por un incendio no transformador
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |