Bueu presenta no colexio Virxe Milagrosa a nova campaña de educación non sexista
Por Redacción
O CPR Virxe Milagrosa acollía este luns a presentación da duodécima campaña de educación non sexista nun acto ao que asistiron Montserrat González, directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a concelleira de Igualdade, Ana Isabel Otero.
O evento centrouse na entrega dos almanaques de peto confeccionados coa imaxe vencedora do certame de ilustración e viñeta 'A igualdade no traballo', convocado dentro dos actos organizados con motivo do 8 de marzo. A gañadora do concurso foi Elena Enríquez Álvarez cunha obra titualada 'Distintas pezas poden facer igual a mesma función'.
Esta campaña céntrase en evitar os estereotipos sexuais e en favorecer as relacións desde unha perspectiva igualitaria entre os máis novos.
As responsables municipais incidiron en que todos os escolares deben ter dereito a ser o que queiran na vida e non estar marcados pola súa condición sexual.
En 2019 entrará en vigor o primeiro Plan de Igualdade Intercentros, elaborado con aportación económica da Deputación Provincial, coa intención de que a comunidade educativa fomente o respecto ás diferencias e a procura de igualdade entre mulleres e homes.