Conceden 130.000 euros en axudas para promover actividades turísticas en Pontevedra
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou na súa reunión deste venres 14 de decembro a concesión de subvencións para actuacións e actividades de carácter turístico para un total de 31 entidades da provincia, dúas delas na comarca de Pontevedra e sete na do Salnés.
Na comarca do Morrazo, a Asociación Cultural Alfombras de Bueu percibe unha axuda para actividades turísticas en 2018 e na comarca de Pontevedra contabilízanse dúas entidades: a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia, con sede en Poio; e a Fundación Camiño de Santiago, ubicada na capital.
Na comarca do Salnés benefícianse un total de sete entidades. En Cambados, a Asociación Cambados Zona Centro e a Asociación Ruta do Viño Rías Baixas. No Grove, a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos. En Sanxenxo, o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo, o Club Náutico de Sanxenxo e o Motoclub Amigos da Moto Sanxenxo. En Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia Proturga.
As achegas supoñen un investimento total de 130.000 euros e concédense en réxime de concorrencia competitiva. A presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, destacou que esta axudas responden ao obxectivo de impulsar o fomento do turismo e á profesionalización do sector turístico na provincia de Pontevedra, "facendo do destino Rías Baixas unha referencia a nivel global".
Foron obxecto de axuda as actividades de fomento do turismo que teñan como fin algúns dos seguintes: a promoción e o estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable; ou a promoción dos distintos recursos turísticos da provincia, entre os que están a natureza, as festas e tradicións populares, a gastronomía, o termalismo ou o patrimonio cultural.
Relacionadas:
-
Carmela Silva propón que as administracións impulsen estratexias de promoción turística conxuntas
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación presenta o novo modelo de oficinas de turismo "Info Rías Baixas"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
As asociacións de Amigos do Camiño estudan co conselleiro de Cultura os obxectivos de cara o Xacobeo 21
Por Redacción |
-
A provincia de Pontevedra rexistrou un 64% de ocupación hostaleira media na ponte da Constitución
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |