Un total de 19 empresas optan a reformar a rúa Lepanto a comezos de 2019

Por Redacción
Un total de 19 empresas construtoras presentaron as súas ofertas para acometer a obra de reforma integral da rúa Lepanto que o Concello de Pontevedra prevé que empece co inicio do no ano 2019 e teña un prazo de execución de catro meses.
A mesa de contratación do Concello de Pontevedra reuniuse esta semana para abrir as ofertas económicas que presentaron estas 19 construtoras e comprobou que oscilan entre os 230.000 euros e os 175.000 euros fronte ao orzamento base de licitación de 256.505 euros.
Unha vez estudadas as ofertas por parte da mesa de contratación, farase a adxudicación e a empresa que gañe o concurso disporá dun mes para asinar o contrato e comezar a traballar.
Tendo en conta que está previsto que o 14 de xaneiro inicie a reforma de Benito Corbal no tramo entre Cobián Areal e Sagasta, o departamento de Obras terá que decidir a conveniencia ou non de acometer ambos proxectos ao tempo, buscando causar os menos inconvenientes aos veciños. En todo caso, será a inicios de 2019.
As empresas que optan á reforma son Actividades de construcción edificación y viales (cunha oferta de 224.950,00 euros), BCNOR Gestión y Soluciones avanzadas (195.339,45 euros), CETA Contratas (201.305,12 euros), Civis Global (221.081,65 euros), Construcciones E.C.Casas (183.401,08 euros), Construcciones Fechi (222.825,89 euros), COVSA (216.490,22 euros), Elsamex (175.329,00 euros), Excavaciones H. Otero (204.742.29 euros) ou Innova Profesional Desarrollos (192.632,55 euros).
Tamén compiten Movimiento de Áridos y Construcciones de Arosa (230.331,37 euros), Narom (201.535,98 euros), Nexia Infraestructuras (185.837,87 euros), Obras, reformas y saneamientos (195.969,82 euros), Obras y Construcciones Dios (221.768,80 euros), Prace, Servicios y Obras (217.490,59 euros), Sergonsa Servicios (192.659,83 euros), Sestrama Ibérica (202.638,95 euros) e Xestión ambiental de contratas (204.947,50 euros).
Todas as ofertas presentan as melloras que inclúe o proxecto, que consiste na creación dunha plataforma única cunha zona de estancia con árbores e bancos na cabeceira que toca coa rúa Benito Corbal. A actuación vai converter a rúa nun espazo de preferencia peonil e convivencia, con estacionamento de servizos e suporá a renovación dos servizos soterrados de saneamento, acometidas de auga, separación de augas pluviais e fecais.
Entre as melloras do proxecto está a renovación de toda a iluminación coa recuperación de 8 luminarias cun modelo diferente ao actual, e a pavimentación do cruzamento entre as rúas Lepanto con San Antoniño.
Todas as ofertas presentan as melloras que inclúe o proxecto, que consiste na creación dunha plataforma única, con pavimento de lastro confinado en bandas de formigón e remata cunha zona de estancia con árbores e bancos na cabeceira que toca coa rúa Benito Corbal. A actuación vai converter a rúa nun espazo de preferencia peonil e convivencia, con estacionamento de servizos e suporá a renovación dos servizos soterrados de saneamento, acometidas de auga, separación de augas pluviais e fecais.
Entre as melloras do proxecto está a renovación de toda a iluminación coa recuperación de oito luminarias cun modelo diferente ao actual, e a pavimentación do cruzamento entre as rúas Lepanto con San Antoniño.
Relacionadas:
-
Recta final para as obras de reforma integral da rúa Lepanto
Por Redacción |
-
Adxudican por 183.401 euros as obras para a reforma integral da rúa Lepanto
Por Natalia Puga |
-
O Concello explica aos veciños de Lepanto o proxecto de reforma integral da rúa
Por Redacción |
-
2019 comezará con obras en Lepanto: a súa reforma integral, en marcha
Por Alejandro Espiño |
-
Veciños de Lepanto reparan a rúa e decláranse "república independente" ante o abandono do Concello
Por Anxo Lourido |