Doazón de roupa e calzado para familias de Cuntis con dificultades económicas
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cuntis, Manuel Campos Velay, trasladaba este venres o seu agradecemento público pola doazón realizada polas tendas 'Mi vestidor azul' para estas festas do Nadal.
Estes establecementos doaron lotes de roupa e calzado con fins sociais. Este material será trasladado agora a familias con dificultades socio económicas.
O departamento de servizos sociais ocuparase agora das entregas de maneira regrada. A roupa e o calzado están completamente novos e a estrear.
O alcalde agradeceu persoalmente ás irmás Lidia e Cristina Fontenla Iglesias, xerentes das tendas, este labor de solidariedade.