A empresa Narom comezará despois do Nadal a reforma da estrada de Dorrón
Por Redacción
O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra iniciará despois de Nadal as agardadas obras para rematar a mellora da estrada provincial de Dorrón (EP-9213) no Concello de Sanxenxo. O deputado Uxío Benítez fixo este venres o anuncio tras a Xunta de Goberno provincial, na que foi adxudicada oficialmente a actuación á empresa Narom SL por un orzamento de 245.208 euros.
O comezo dos traballos, segundo o deputado, deberá agardar posto que todas as construtoras paran a súa actividade no Nadal, mais xa está acordado coa empresa que a actividade será inmediata tras o parón e o peche dos trámites administrativos que aínda restan, a sinatura formal do contrato e a acta de replantexamento.
Segundo explicou Benítez, o obxectivo é rematar, dunha vez por todas, cos problemas que sufre a veciñanza da zona, que teñen que convivir con postes no medio da estrada e a conseguinte perigosidade que supón para a circulación. Quérese que a obra quede con todas as garantías de seguridade viaria e a máxima calidade posible.
O deputado Uxío Benítez manifestou a súa esperanza porque as obras transcorran sen imprevistos nin paróns a causa da climatoloxía. "A obra de Dorrón nunca debeu iniciarse por parte do anterior goberno provincial sen ter os terreos a disposición. Foi unha chapuza que supuxo moitos atrancos burocráticos e complicacións. Agora as obras para rematar a actuación están xa contratadas, son unha realidade, e o resultado será por fin o que debería ser dende un inicio", subliñou o nacionalista.
Relacionadas:
-
Dorrón recupera o acceso peonil desde O Outeiro á estrada provincial
Por Redacción |
-
Os postes de luz e teléfono da estrada provincial de Dorrón "serán historia" en 20 días
Por Redacción |
-
Remata a instalación da escaleira que conecta a estrada provincial de Dorrón coa zona do Outeiro
Por Redacción |
-
Fase final para a contratación das obras da estrada de Dorrón
Por Redacción |
-
Telmo Martín pide á Deputación que remate a estrada de Dorrón, que leva tres anos con postes no vial
Por Redacción |