O "Decembro Solidario" de Ponte Caldelas acolle o teatro musical de Os Catro Ventos
Por Redacción
Os Catro Ventos, agrupación composta por 40 músicos de Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes e Cerdedo-Cotobade, subirá ao escenario da discoteca este sábado, día 15, a partir das 20 horas, para presentar o seu primeiro disco, Noutrora.
O evento forma parte do Decembro Solidario do Concello de Ponte Caldelas. O calendario xa comezou días atrás co concerto do grupo Os Coribantes. Agora dá paso a esta peculiar representación, na que os integrantes de Os Catro Ventos, perfectamente caracterizados, mesturarán as pezas do seu disco con pequenas representacións teatrais, ambientadas nos anos 50 que recrean escenas da vida rural galega. O fío argumental parte dunha carta.
A actuación terá unha duración próxima ás dúas horas e a entrada é gratuíta, aínda que pídese un quilo de alimentos non perecedoiros para a súa entrega a entidades sociais. Na actuación colaboran Son da Pedra, grupo de teatro de Pontevedra, membros de Os Alegres, a charanga Tropical e outros artistas.
A presentación oficial do evento celebrouse no Concello con presenza do alcalde, Andrés Díaz, en representación do goberno local, e Plácido Pillado, presidente da asociación Os Catro Ventos.
O Decembro Solidario non queda aquí porque concluirá o próximo sábado, día 22, coa actuación dos grupos locais. Un último festival musical que tamén chegará co aliciente dun sorteo de agasallos entre os asistentes a partir dun concurso que leva por título "Coñeces o teu concello?".
Relacionadas:
-
Éxito de recadación de alimentos no concerto solidario de 'Os Catro Ventos' en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ningún neno de Ponte Caldelas sen agasallo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas prende a súa iluminación de Nadal
Por Redacción |
-
O Concello e os comerciantes de Ponte Caldelas reeditan a súa colaboración
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas ofrece aos seus maiores un programa para non pasar sós o Nadal
Por Redacción |