VIDEO.- Lores, costa abaixo e sen freos... polo Nadal
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Pouco lle importaron hoxe os problemas nas súas costas a Fernández Lores. O alcalde non quixo perder a ocasión de lanzarse en flotador pola rampla instalada na Praza de España.
Xunto ao rexedor tamén probaron esta divertida experiencia as concelleiras Carmen Fouces, Pilar Comesaña e Anabel Gulías. Estás dúas últimas tamén subiron á tirolesa da alameda.
Así se puxeron en marcha as actividades "Xogamos na rúa" incluídas na programación para as festas do Nadal que tamén inclúen obradoiros infantís nas Galerías da Oliva, onde tamén se desenvolverá unha edición especia do mercado da Sétima Feira.
Non faltará á súa cita cos pontevedreses o mercado de artesanía na praza do Teucro, que organiza a Zona Monumental. Para participar en todas as iniciativas só é necesario presentar un ticket de compra realizado nun establecemento de Pontevedra por calquera contía económica.
Relacionadas:
-
O Concello estuda que as actividades de lecer infantil de Nadal tamén cheguen aos barrios
Por Redacción |
-
Así felicita Pontevedra o Nadal
Por Redacción |
-
O banco "máis amoroso" do Nadal está en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Unha rampla para público de todas as idades proxecta unha chea de actividades para este Nadal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontevedra estrea iluminación para este Nadal entre paraugas
Por Redacción |
-
Once locais das Galería da Oliva acollen a Sétima Feira de xeito provisional
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |